reveladorA

17.2.09

Fogar

Casa
Teño pensado moito nese lugar inmaculado, o lugar do descanso. Incluso fixen un plano de situación do que me gustaría atopar cando chegue alí. E a lista do que levarei. A pouca roupa que necesitarei, os libros que me acompañarán, a música que me axudará. Teño degustado tanto o meu branco fogar na miña imaxinación que xa cambiei varias veces as cousas que pensaba levar ao principio. Igual que cando preparas unha longa viaxe, unha ansiada expedición. Unha vez, contrariada porque non podía alonxarme da casa máis de 20 quilómetros, díxome un amigo: “Viaxa: ningunha viaxe é pequena”. Sabes que non volverás a ser a mesma, que unha parte minúscula de ti cambiará, porque apañarás cousas que se quedarán contigo para sempre. Estás preparada tamén para as vicisitudes, para os atracos. Si, os saqueos consentidos. Por iso hai que elixir moi ben qué levas posto, qué metes na maleta, qué te deixarás roubar.

Lembro o horrible bispo luterano de Fanny e Alexander; por sorte non hai naide ao redor que me impida levar os meus xoguetes preferidos a esta nova vida, durante este carreiro que, inevitablemente, conduce á morte. Aínda que agora dubide de se terei tempo para ler a Karen Blixen ou para escoitar o novo de.

permalink | 3 comentarios