reveladorA

13.6.07

Coches

Coches
enfuréceme a tarde que estraga definitivamente o día

da rabia este sol canso

o arrecendo das ceas que comerán ducias de turistas aburridos

as papeleiras desbordadas

a xente contenta ao saír do traballo

os pasos que se pisan

os pasos que me pisan

as redes as cordas

os sacos as mochilas

os plans de futuro e os improvisados

os tintinar dos xeos

o fume da sopa

as pedras

os tellados

Todo me enfada.

estas cousas que vou vendo

con luz de calafrío

están aí tamén os coches aparcados

respiran este solsticio buscan o seu oco de metal mendigan quentura

e penso que podería entrar agora nese elegante A3

-parece que ten unha porta mal pechada-

e disfruto coa idea de quedarme alí

coma naquel conto do bosque e os osiños

facer do meu corpo un nobelo e descansar por moitas horas roubarlle a calma á tapicería

e dócil

deixar que me arroupe un motor

inerme

inerte

sosegada ao fin

esperar pola viaxe

permalink | 4 comentarios