reveladorA

10.1.07

Parque azul

Banco
Sento, acórdome do mar e choro, choro tanto como naquel primeiro ano en que o botaba de menos. Din que chorar cura e é certo, a min as lágrimas sérvenme para facer unha pequena poza aos meus pés. Gotean e velaquí o meu placebo marítimo.

Como me pesan as pernas nos días de inverno. É un fastidio que as estacións frías teñan que seguir o seu curso antes de volver a sentir a area nas costas espidas.

Apaga as luces, anda. Para poder vir onda min tes que non mirar, tes que pasar a tarde nun parque azul.

permalink | 5 comentarios