reveladorA

19.12.06

De profundis (II)

O bico
durante o bico voou dentro dun túnel de paredes brancas coma naquela película blanc e tamén sentiu un arrepío de pracer e un calafrío de temor e quizais estivo pensando demasiado durante o bico porque quen pensa durante un bico? pois el demorouse no resultado na fotografía na postura na estética coa que apertaba a aquela que o agardara tanto tempo nun precioso camposanto. tanto tempo tanto que era imposíbel agora intentar subila ao ceo pretender que abandonase a terra elevándoa por riba das lousas por riba de tanta tanta morte porque cómo poder co peso infinito dos volantes do seu escuro vestido

permalink | 1 comentarios