reveladorA

5.11.06

Que hora

Reloxio
e que hora era cando miraches certo ángulo destas costas
e posto que nelas quedaron
marcas de números e agullas
quero saber
en que minuto somerxido nos cruzamos -tu levantácheste da cama na alta noite
eu crin nos astros-
e corremos
abriches o portón da alameda
medio durmidos aínda rozamos coas xemas
cada buxo que bordeaba aquel carreiro
ata que á fin no estanque
descalzáchesme para esperar
a hora da clepsidra
a nosa cita acuática
e en silencio
submarinamente

miráchesme

permalink | 2 comentarios