reveladorA

2.4.07

Porta

Porta
e que faremos para calmar esta dor minúscula que se traslada do xeonllo á comisura da boca, da caluga ao peito; esta diminuta dor que te sitúa no territorio intermitente e cego da hipocondría, do preguntar ata a extenuación que significa, cando rematará, por que tu.

unha orquestra de vento, pediches, desde a túa illa, para acalar a angustia. pero todas as cousas levaban xa o teu nome: nin sequera podías descansar a mirada. e agora tampouco lembras que antes desta aflicción había unha porta, que ao principio de todo

había unha porta.

permalink | 8 comentarios