reveladorA

21.11.06

A malla

Marilyn
marchaches só
e cun xesto de agotada dozura
que me recordou a aquela actriz
que curioso

sabes? ese día tíñasnos a todas mirándote de esguello
a través do cristal que te levaba
todas sentíndonos tan soas
tan únicas

pero só para min sería o azul
da túa volta
e cando se foi a luz
no quiosco da estación de tren
toquei esa cor
toquei
o azul celeste da malla de ximnasia rítmica
que tivera de nena
na pel
silencio de serpe
nos ollos
bálsamo

permalink | 3 comentarios