reveladorA

4.12.06

De profundis (I)

Bonaval
Prometérasme que virías por moi lonxe que estivese, por moi profunda, e que percorrerías estradas e vilas e autopistas, saltándote os semáforos e as peaxes para chegar máis axiña. A espera volveuse máis longa do esperado. Non foi difícil aguantar a fame e a sede, as ganas de rascarme, de fumar, de lavarme, de facer o amor. Tampouco me importou a soidade nin o extremo silencio que vivín durante tantos días sen ver luz: o único que se me fixo insoportábel foi o incesante olor a terra mollada que me envelenou a epiderme e me acedou os sentimentos; a arxila que me entrou nas unllas coas que irremediablemente te recibirei cando por fin chegues.

permalink | 3 comentarios