reveladorA

12.12.06

Toda beleza

Flores
El nacera para bailar. As cousas inertes e os seres vivos subiamos moi alto, canda el, cada vez que se movía e voaba e xogaba co vento, e no seu misterio quedabamos aboiando, suspendidos nun soño de música submarina e corpos transparentes. Pero todo vivir consume e todo alento envellece, e nas súas danzas el ía deixando un pouco de si mesmo, da súa existencia: raiolas de luz esfiañadas que nós contemplabamos cada vez máis exhaustos, deixándonos os ollos naquel ronsel de beleza pura,
flor do tempo,
ata a cegueira.

permalink | 3 comentarios