reveladorA

5.1.07

Arame

Alambrada
Pasas por el coma se nada, como quitándolle importancia, como fai a avoa cando o abre coas maos encalecidas; a ela non lle manca, ela nunca pensa no arame senón no que hai do outro lado. Así tu, tamén. Porque no fondal do prado espérate un animal manso, de ollos que son lagos onde somerxerse. Un animal que che deixa acariciarlle a pel quente que lle recubre o estómago, e a calor ilumínache o sangue e o seu respirar dáche ás para volver de novo ao outro lado, e outra volta a entrar no prado, e así sucesivamente. Dentro da túa cabeza non hai nada agora, nada. Só un solsticio, un camiñar.

permalink | 2 comentarios