reveladorA

29.11.06

venecia

Venezia

os días son suaves. comezan a chegar as primaveras. na rúa góndolas, margaridas, arrecendo a macedonia de froitas maduras.

as cousas acarícianme os nervios docemente. eu fálome a cada paso e volvo a sentir: “venecia, o amor, os días que me bican sedosos na boca, a mañá que estala por riba da pel para deixarme namorada dun vento rosa coma algodón de azucre”

é coma se de súpeto puidese comprender unha morea de significados entretecéndose, palabras de fogo que empezan por efe -festa felicidade fantasía fucsia-

permalink | 4 comentarios